Como a case todos aos que lles interesa a literatura galega, en vez de sinxelamente lela ou escribila, o autor tamén se preguntou que lle faltaba a esta. Unha noite, probablemente perfumada de mencías afroitados, díxolle a alguén que non lle viría nada unha Corín Tellado. Desa idea, como o autor ten as eivas que ten, saíron estes relatos nos que ese sobreentendido, ou malentendido, que é o amor navega por eles con derrota (ou rumbo) incerta. [Lapela do libro]