Puntuación: 2.0/5 (63 votos)
Hai moito tempo,
os seres humanos vivían en poboados e cultivaban a terra.
Os animais salvaxes tamén participaban nos traballos do campo:
o león, a hiena, o elefante, a lebre,
a gacela, o mono, a tartaruga,
mesmo a curuxa, que era a máis vella de todos.
Un ano houbo una seca enorme.
A calor e o po invadían todo.
No ceo non había nubes e a colleita estaba a piques de estragarse.
Co fin de evitar a desgraza que se aveciñaba nos seus campos, os habitantes do lugar invocaban o vento para que trouxese a choiva, pero o vento non respondía. Unha noite, a curuxa convocou a todos os animais e decidiron ir na súa busca. O primeiro en ir foi o león, pero non o conseguiu. Tampouco a hiena nin a lebre. Desmoralizados, non sabían a quen enviar. A tartaruga, o animal máis lento da chaira, ofreceuse e finalmente conseguiu, con paciencia e teimosía, traer ao vento que, á súa vez, trouxo a choiva. Así, ese ano tiveron unha boa colleita.
Charo Pita, na súa última colaboración con OQO editora logo de A rúa da Tixola, constrúe un relato que nos fai lembrar os contos tradicionais onde os personaxes, sexan animais ou persoas, a través das experiencias narradas, transmiten diversas ensinanzas. Co personaxe da tartaruga, vemos que a humildade, a vontade e a constancia son máis eficaces que a forza e a velocidade.
[Presentación editorial]