Guadalupe coñece ben moitos dos segredos da súa familia, os Portela, e decide contalos. Faino polos seus sobriños, para que entendan de onde veñen e comprendan que pecado cometeu a súa nai para seren repudiados pola familia. Faino tamén para rescatar e reivindicar a memoria dalgunhas mulleres Portela que tentaron fuxir do seu designio e ser libres...
[Presentación editorial]