Barcelona, outono de 1934. Mentres a cidade se recupera das consecuencias da frustrada proclamación do Estado catalán, os afeccionados ao boxeo prepáranse para presenciar o combate polo título mundial do peso pluma entre Josep Gironés e Freddie Miller. Na mesma serie de veladas tamén vai participar o prometedor púxil galego Manuel Ramírez Castro, O Camión, desexoso de atopar un oco no mundo das catro cordas. Ata alá viaxa o "plumífero" Sebastián Faraldo, reconvertido en cronista deportivo.
Ninguén pode sospeitar que a lona vai ser escenario dun sofisticado asasinato.Olympia ring, 1934 supón o regreso do carismático xornalista pontevedrés obeso e sentimental, que se deu a coñecer aos lectores en A vida que nos mata, (Premio García Barros, 2003), novela coa que se iniciou unha serie que revitaliza o xénero negro ao hibridalo coa novela histórica. [Contracapa do libro]