Puntuación: 2.2/5 (39 votos)
A Crónica do bispo Idacio, nado na Limia, que escribiu hai xa máis de quince séculos é unha parte importante do acervo cultural de Galicia. Facilita un achegamento grande ás orixes do noso pobo. O cóengo e profesor don Marcelo Macías na súa traducción do orixinal latino no comezo do século .xx xa o soubo destacar, segundo salientou o seu discípulo e Patriarca das Letras Galegas, don Ramón Otero Pedrayo en 1942.
Foi tamén un libro que puxo con facilidade ó alcance, de moitos intelectuais galeguistas do período, un texto considerado fundamental para a configuración dos alicerces históricos da identidade política e histórica de Galicia, conforme subliña o profesor José Antonio López Silva, o autor deste rigoroso traballo que ten a honra de editar a Deputación.
Segundo López Silva o interese central deste libro está en ofrecer unha introducción literaria e unha contextualización do ámbito xeral ó texto da Crónica de Idacio de Limia que permite a calquera lector interesado una lectura fácil do dito texto e tamén un primeiro punto de partida para maiores estudios posteriores. Responsables da Asociación "Civitas Limicorum ", promotora do proxecto desta edición, indican que o autor é unha persoa ideal para este trabal!o: rigoroso, apaixonado, comprometido.
Compre igualmente coa impresión deste libro sumar a contribución da Deputación de Ourense á memoria do finado e ilustre escritor ourensán Carlos Casares Mouriño, que cando era presidente do Consel!o da Cultura Galega e en calidade de tal financiou os trabal!os e estudios contidos neste libro.
[presentación de José Luis Baltar Pomar. Presidente da Deputación]