Velaquí o terceiro volume da historia de Conan, guerreiro da fría Cimmeria nacido nun campo de batalla, que marcha da súa terra natal aos reinos civilizados na procura de fortuna, fama e gloria.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos co primeiro volume desta colección. [Presentación editorial]