Alaia, unha moza da tribo dos nerios, ten que abandonar o seu castro natal para ir traballar á cidade de Thaladé, construída enriba do bravo Mar Poñente. Alí coñecerá a crueldade dos amos e as contradicións da mal chamada civilización, mais tamén descubrirá o maior dos segredos que gardan os seus túneles ancestrais. Así e todo, a mais grande aventura de Alaia será coñecer ese prodixioso misterio que se agocha no corazón do ser humano: o amor verdadeiro. [Contracapa do libro]