Nesta novela de feitura bizarra, onde se mestura o real e o fantástico dacabalo entre os séculos XIX e XXI, preséntasenos unha fábula vampírica que conxuga fíos de feminismo, tecnoloxía e literatura para tecer a historia do delongado transo adolescente da protagonista, unha rapaza que asume os propios devezos e constrúe unha identidade vista como aberrante polos demais. [Texto de contracapa]