Esperanza, unha adolescente que vive nun humilde barrio hispano de Chicago, sente que non pertence ó mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, A casa de Mango Street expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade, a través de relatos interconectados. [Presentación editorial]