Puntuación: 2.0/5 (122 votos)
Columnas de papel recolle unha escolma dos artigos publicados por Xosé Vázquez Pintor na prensa galega ao longo de 25 anos, dende 1987 a 2012, aínda que moitos deles seguen de actualidade.
O primeiro volume, titulado Columnas de papel. A lingua e outras vidas, publicado en 2013, incluía unha selección de artigos publicados entre 1987 e 1993.
Este segundo volume completa a escolma Columnas de papel ao reunir as súas colaboracións en prensa entre os anos 1993 e 2012, nas páxinas de A Nosa Terra, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Sermos Galiza e Vieiros.
A actividade xornalística en galego de Vázquez Pintor remóntase ao ano 1970, nas páxinas de El Ideal Gallego. Pero é a partir de 1987 cando o autor colabora de forma habitual con diferentes medios: A Nosa Terra, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Diario de Pontevedra, Diario de Ferrol, Vieiros e TV do Morrazo, entre outros.
[Presentación editorial]