Esta obra de Segundo Pérez, deán da Catedral de Santiago e amigo persoal de Díaz Castro, analiza a obra do homenaxeado no día das letras desde unha perspectiva teolóxica, nun novidoso enfoque sobre o traballo do poeta de Guitiriz. O traballo, editado polo Instituto Teológico Compostelano, incide nas claves relixiosas que se poden atopar nos poemas de Díaz Castro.