V Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira
"Liña azul cumpre as esixencias da práctica narrativa e dun xeito destacado domina as técnicas da literatura contemporánea. Trátase dunha creación metaliteraria sobre o proceso de construción da propia novela, na que se mesturan os xéneros ata confundírense. O ensaio, a novela negra, de intriga e incluso humorística forman unha trama mesta na que se confunden realidade e ficción." [Fragmento da Acta do IV Premio de Novela Curta "Cidade Centenaria de Riveira"]