Puntuación: 1.9/5 (129 votos)
Esta edición está patrocinada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo
Xosé María Díaz Castro é autor dunha obra máis ampla do que adoita considerarse, pero durante moito tempo a prevalencia creativa de Nimbos fixo que se obviase calquera outra produción súa.
Por tanto, hai un Díaz Castro alén de Nimbos que ficaba por descubrir. Compilar toda esoutra produción poética en galego -édita e inédita- e dála a luz a canda o seu referencial poemario é o obxecto deste volume.
A
Poesía galega completa de Xosé María Díaz Castro reúne nun único volume todos os versos escritos polo autor na nosa lingua, nunha edición ao coidado do profesor e crítico literario Armando Requeixo. No seu conxunto, esta obra reúne máis de douscentos poemas, cifra moi considerable se se ten en conta que a produción que adoita coñecerse do poeta se circunscribe ao poemario
Nimbos (1961), con trinta e dúas composicións.
A
Poesía galega completa integra Outros materiais que nunca antes foran compilados:
A obra édita exenta: o tríptico sonetístico
Nascida d 'un sono (1947) e mais o poemario Nimbos (1961)
.
A obra non compilada: un conxunto de preto dunha trintena de textos que foran aparecendo en diversas revistas, xornais e volumes colectivos ao longo de máis de medio século e que recolle dende os primeiros versos publicados polo autor en 1931 ata os derradeiras, aparecidos xa postumamente.
Os cadernos poéticos inéditos e outros materiais: tanto os poemarios inéditos
Follas verdes (1934) e
Follas ó aire (1935) coma outra trintena de poesías que o poeta non deu nunca ao prelo. Toda a produción manuscrita e mecanoscrita descoñecida do autor, tanto de preguerra coma de posguerra.
Nun rigoroso estudo introdutorio, Armando Requeixo clarifica o contexto biográfico e ofrece
as claves interpretativas necesarias para valorar o conxunto da súa obra.
[Presentación editorial]