Intensa e quente é a túa humidade azul poderíase resumir como a primeira novela propiamente pornográfica da literatura galega. Os seus protagonistas, case únicas personaxes que percorren estas páxinas, defínense entre a preguiza cara ao sentimento amoroso en que van ser atrapados e a luxuriosa maxia do pracer máis exquisitamente humano. É, amais, a historia dunha Dominación, a acelerada historia dun proceso en que Amo e submisa se descobren como persoas que chaman ao amor através da claridade que emana que emana dunha relación D/s. Nunca tal se fixera na literatura galega, que até o de agora apostara pola suavidade e a morneza dun erotismo que por veces agocha algunha que outra imaxe de maior voltaxe. [Contracapa do libro]