Puntuación: 2.3/5 (69 votos)
Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres
Con
Historia das mulleres galegas, Pepe Carreiro fainos unha nova entrega da súa particular visión da historia dirixida ao público infantil, especialmente a de Galicia, iniciadas coas
Historia da Lingua galega e
Historia de Galicia.
Segundo o seu propio autor, esta parodia histórica apenas repara en mulleres senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aíbnda se recrea nas mulleres comúns, aquelas que, sen seren protagonistas de episodios radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Tamén as vacas, fóra a alma, os cabalos, os burros ou, claro, os homes comúns.
Toda esa grea cargou coa historia nos seus lombos. Mais as mulleres cargaron sen deixaren de atender a familia e a casa.
Se cadra por iso é polo que, até non hai moito, as mulleres galega, e moitas outras mantiñan con tanto equilibrio un peso na cabeza.
[Presentación editorial]