Fóra de portas é un percorrido pola vida de Roberto Vidal Bolaño, na que o autor, Roi Vidal Ponte, para falar do dramaturgo, dálle voz a varios narradores: a Lúa, o nariz de pallaso, a furgoneta, o chapeu, o monte Pedroso en Santiago e a catedral. Distintos estilos, diversos puntos de vista, para unha mesma e intensa biografía. Neste paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Vidal Bolaño, descóbresenos un traballador incansable e un literato prolífico. Unha persoa comprometida co mundo en que viviu. Un home con moitas inquedanzas e bastantes logros. [Presentación editorial]