Premio Álvaro Cunqueiro 2012 - Premio Fervenzas Literarias 2014 (Mellor libro de Literatura dramática)
Nunha cidade baixo cero, oito personaxes que transitan pola rúa escapan da súa rutina e aparcan os seus problemas para deixarse engaiolar por unha raiola de sol. Lonxe soa un estrondo de explosións pero eles déixanse quentar, non reaccionan. Cruzan anacos das súas voces interiores pero non dialogan. Móvense polo espazo na procura dos raios fugaces pero non actúan. O mesmo sol que os acubilla vainos atrapando mentres as bombas soan cada vez máis cerca… Son oito personaxes baixo unha mesma presión social, baixo a mesma presión atmosférica. Isóbaras é un mapa de temperaturas do noso tempo. [Presentación editorial]