Puntuación: 2.2/5 (52 votos)
O contacto físico como mostra de afecto é imprescindible para o desenvolvemento emocional dos pequenos: dálles seguridade, favorece a súa autoestima e mellora a confianza en si mesmos e tamén nos demais. Neste aspecto, inciden tanto o texto de Armando Quintero Laplume como as imaxes de Marco Somá.
O ilustrador italiano humaniza aos animais protagonistas (cans, gatos, galiñas, paxaros, vacas, ovellas, cabalos, lobos, tigres e elefantes) e preséntaos en situacións familiares distendidas e de xogo, onde se pode sentir identificado calquera pequeno: divertíndose no parque cos seus pais, tomando un xeado, gozando do auga nun río ou lago.
Os xeitos de comunicarse entre eles (ladrar, miañar, cacarexar...) son claves para gozar destes momentos. Nas súas expresións podemos apreciar que se trata de momentos felices para toda a familia.
Marco Somá tamén mantén esta actitude vital de alegría coa aparición das xirafas. Nai e filla non teñen voz, pero contan con outro método efectivo e afectivo para comunicarse: os aloumiños. E a pequena xirafa decide compartir cos outros animais este modo de transmitir sentimentos e emocións.
A partir deste momento, a historia dá un xiro de 180 grados: as ilustracións de Marco Somá continúan mostrando a uns protagonistas que seguen gozando e nas mesmas localizacións (parque, campo de fútbol americano...) pero a orixe do seu benestar é outra; sen necesidade de palabras, só con mimos, abrazos, caricias...
[Presentación editorial]