No “Lapidario” Miguel-Anxo Murado revisita a súa poética. Mostrándonos a súa fascinación pola brevidade e a exactitude, o autor mergúllase no xénero do epitafio e bota man de personaxes que dialogan entre si coma se poboasen un pequeno teatriño infantil. Este libro ofrece unha nova oportunidade para penetrar na poética desta voz densa, orixinal e capaz. presentación editorial]