Mouchos, curuxas, sapos e bruxas non hai moitos por este cemiterio. Hai toupas, arañas, vermes e algún corvo moi de vez en cando. Veñen gatos a pasear como se levasen recados dun mundo ao outro. E eu aquí, no medio dos dous, sen poder morrer nunca nin deixar esta profesión, non me quedou máis divertimento que chantaxear a cada autor dos aquí presentes para que me cedesen as súas historias e debuxos. Fan o que sexa para que lles espante a Morte un pouco máis… Ilusos, non saben que eu só boto terra enriba… Requiescat in pace e boa lectura! [Presentación editorial]