“A loita continúa” é un compendio de actos de fala do poeta Claudio Rodríguez Fer sobre dores, amores e clamores en memoria das cicatrices históricas, na procura de rastros de vida e poesía e en solidariedade co humanismo no que a loita continúa. Trátase dunha poesía integral sobre a vida a través da autenticidade, do coñecemento e da radicalidade. Como apéndice inclúese o esperpento histórico e escénico do Gran Tirano que creamos, que padecemos e que mesmo levamos dentro. [presentación editorial]