Puntuación: 1.8/5 (66 votos)
Esta obra recibiu unha axuda da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Cultura na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2012. Tamén unha axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
A editorial agradece a axuda financeira do Ireland Literatura Exchange (fondo de tradución), Dublín, Irlanda.
Publicada en París en 1922 pola librería Shakespeare and Company, a novela de James Joyce (Dublín, 1882-Zürich, 1941) desenvólvese durante un único día, o 16 de xuño de 1904, na cidade de Dublín. Joyce emprega en Ulises, á parte da corrente de consciencia, a parodia, os xogos de palabras e unha variada e ampla gama de técnicas narrativas.
A súa influencia na literatura posterior foi indubidable, tanto no que se refire á transformación que supuxo respecto da maneira de narrar coma no repertorio de formas literarias, sen esquecer a transformación da idea de novela, na que Ulises marcou o paso do modelo decimonónico ao modelo de novela contemporánea. Unha obra fundamental na historia da literatura.
[Presentación editorial]