Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2012
Vai morrer Galiza? Sérvenos para algo o galeguismo? Ten sentido a nación galega na sociedade-rede? Pois despende da proposta de Galiza que formulemos e de que a cidadanía queira facela súa. Neste libro apréciase o galeguismo como un ideario valioso e vinculado aos movementos máis emancipadores de cada época, pero precisamos repensar Galiza como identidade-proxecto para o noso tempo, facelo entre todos e todas, democratizando a idea e a proposta, unha nación aberta, en construción. [Presentación editorial]