Puntuación: 2.0/5 (86 votos)
José Silvent Martínez non naceu en Galiza, pero respirou aires galegos desde novo. Acadou unha popularidade sen precedentes cun espectáculo ambulante, que percorreu festas e romarías, no que os monicrequees, sinaladamente o heroe Barriga Verde, eran o elemento máis atractivo.
A presente publicación, elaborada con agarimo e rigor, trata de dar a coñecer a vida, arte e realizacións deste titiriteiro, sen dúbida, o máis popular da nosa terra durante o século pasado, que, polas súas excepcionais calidades persoais e artísticas, converteuse no mítico Barriga Verde para o público, que o aplaudía afervoadamente, así como para boa parte dos bonequeiros galegos.
Con linguaxe coloquial e estilo sinxelo, o autor sitúao nos contextos social e histórico e destaca a relevancia que tivo o seu espectáculo de monicreques para a nosa lingua e para a nosa cultura, pois os bonecos, falaban galego, nun tempo en que estaba desprezado e mesmo perseguido.
[Contracapa do libro]