Puntuación: 1.8/5 (38 votos)
Novo libro de Bieito Iglesias, que desta volta agasalla os lectores e lectoras cun mangado de historias adobiadas por un fondo sonoro e escritas co estilo xa inconfundible do autor de "Miss Ourense". En "Amor e música lixelra" combínase o humor coas andanzas sentimentais, sen esquecer a presencia da cultura popular, que tingue estes relatos coa luz do auténtico e o sabor agridoce da realidade.
As narracións de "Amor e música lixeira" xorden do mundo da cultura popular, un mundo no que cinema e a música son o mollo que dá o sabor do tempo e a cualidade do vivido. Bieito Iglesias escolle para este libro un título composto por dúas palabras maiores: amor e música. Ás andanzas sentimentais, condicionadas polo brillo co que o desexo disfraza a realidade, únese o humor, para contarnos historias nas que o luminoso e vital se quere impoñer á crueza da experiencia.
A música representa neste libro o sinal que o tempo deixa nos relatos. Sitúaos e forma parte deles coma unha banda sonora na que tafién se senten os ecos do narrado. Bieito Iglesias escribe estas historias sen perder en ningún momento oído para o falar da xente, reflicte nelas o sabor e a chispa da fala coloquial, coa ironía e a color do auténtico. En "Amor e música lixeira", o autor quere eludir esa propensión a escribir sobre o misterio escuro antes que sobre o lumi- noso, coa literatura pretende amolecer o lado máis duro das vivencias.
[presentación editorial]