A proposta deste libro é considerar con outro punto de vista as cuestións da política galega aínda abertas. Nese contexto, o federalismo non sería só solución, senón unha maneira de organizar o social, unha cultura. Un xeito de nos encarar co mundo desde a convivencia e a concordia.
Con este libro preténdese que o lector pense sobre o desenvolvemento desa realidade que é Galicia, vista desde Europa e tendo presentes as correntes de pensamento federalista que xurdiron despois da Segunda Guerra Mundial, cando quebran os estados-nación. Federalismo para Galicia tendo á vista o federalismo que para Europa pensaron os europeístas, e que xa é unha necesidade urxente. [Presentación editorial]