Aínda que Jack London sexa coñecido principalmente polas súas novelas de aventuras, a miúdo ambientadas no seu ben coñecido mundo dos buscadores de ouro, na súa breve traxectoria vital destacan importantes traballos no eido da ficción científica, como The Star Rover, A praga escarlata ou O talón de ferro (as dúas últimas publicadas nesta mesma colección).
Aquí presentamos unha escolma de relatos que xiran arredor desta temática, sempre baixo o prisma do autor californiano, a quen, dalgún xeito, podemos considerar como un dos precursores da chamada «ficción científica social» ou mesmo da «ficción científica política». O ton xeral das súas historias, máis que de aventura, é de reflexión sobre o negro futuro que agarda pola humanidade de non frear o avance do capitalismo. Hoxe máis que nunca, non podemos deixar de darlle a razón e de aprender das súas sabias e premonitorias palabras. [Presentación editorial]