PREMIO LUEIRO REY 2012
Afonda no derradeiro día de vida de Cesare Pavese, Anne Sexton, Gabriel Ferrater e Alejandra Pizarnik, tecendo un relato fragmentario e desordenado sobre as vidas dos catro poetas. As súas existencias acurraladas pola desesperación confiren unidade ao caos no que o autor organiza cada historia, ata compoñer un friso das pantasmas que roen a cada un dos protagonistas. Todos levan algo dentro do que non conseguen fuxir. Lonxe de ser unha novela sobre o suicidio e a morte, Fin de poema é un relato sobre a fenda do poeta que un día fica en silencio, acabado, sen versos aos que agarrarse, e ese baleiro propicia a súa fin. [Presentación editorial]