Pola súa especial idiosincrasia, o anarcosindicalismo non foi un movemento de líderes
providenciais, senón máis ben unha corrente de masas artellada en tomo a unha infinidade
de militantes, sindicatos, grupos anarquistas e ateneos libertarios. Resultaría falaz resumir a traxectoria do anarcosindicalismo galego a través dun pequeno número de militantes ou organismos. Por iso, o sentido deste traballo é ofertar unha visión do que foi o anarquismo na Galiza a partir da colleita de información dun número significativo dos individuos e colectividades que o protagonizaron. Despois de pescudar na documentación máis
diversa, consultar a prensa daqueles anos, e recuperar a memoria oral dalgúns dos seus protagonistas, quedamos cun número aproximado de cincocentas voces, que tentan recoller o máis representativo da historia do movemento libertario galego. [contracapa do libro]