PREMIO PULITZER 1997
NATIONAL MEDAL OF ARTS
Seymour Levov, o Sueco, é o modelo para seguir por todos os rapaces xudeus de Nova Jersey. Atleta lendario no instituto, medra no seo dunha familia acomodada nos alegres anos que seguen á II Guerra Mundial. Herda a fábrica de luvas que o seu pai levantou dende a nada e casa con Dawn, ex-miss Nova Jersey. Despois do nacemento da súa filla, o matrimonio decide mudarse á morada dos seus sonos, unha gran casa de pedra na idílica e tranquila comarca de Old Rimrock. A vida da familia Levov convértese desde entón nunha apracible «sinfonía pastora>> ata que, un día do ano 1968, as súas vidas cambian. O Sueco Levov verá entón como se derruba estrepitosamente todo o que o rodea.
Philip Roth ofrécenos nesta novela o retrato duns personaxes que se enfrontan á máis crúa realidade no marco dunha tranquila vida cotiá " Pastoral americana" é un relato lúcido que cuestiona os valores da sociedade estadounidense e a súa continuidade durante o conflito final dos felices
sesenta, coa guerra de Vietnam como pano de fondo.
Por primeira vez, en lingua galega, pódese ler un dos mestres contemporáneos da literatura norteamericana. [Presentación editorial]