Ambientada na guerra do 36, ¡Medre o mar! retrata a vida na vila de Cangas daquela época a través dos ollos dun neno orfo, tutelado estritamente pola súa tía e mais o seu avó. Apoucado, aplicado nos estudos e encargado de asistir nos oficios relixiosos, o rapaz descubrirá o cine da man do seu pícaro irmán menor, Milucho, quen goza da compañía de Serafín Graña, o poeta ladrón, e mesmo se lanzará a unha peculiar aventura que o levará a Vigo co Roñón, o fillo do xastre. [Presentación editorial]