A galaxia, ese lugar inhóspito e inabranguible. Na distancia, unha nave
insignificante suca con dificultade treboadas de asteroides. aos seus
mandos, a capitana reimon, anota o seu caderno de bitácora, por días estudando os sistemas bipolares e matinando sobre a figura intrigante do
mariñeiro s., por días facendo estrictos exercicios de control, ao servicio
da federación, que segundo ela é un "intento de xustiza", e planificando
loitas contra os malvados harkonen. a galaxia, inhóspita e inabranguible
vaise facendo pequeniña, un fogar. pero fala realmente da galaxia a
capitana reimon? [contraportada do libro]