A vida destes homiños, ben rapaces, ben pobres homes, transcorre nun barrio que ten unha vía do tren pola que os convois pasan case sempre atrasados e de largo. Nese barrio que os ampara e os apresa, aman, beben, discuten, medran, viven e morren convencidos de que a todos os barrios os atravesa unha liña de ferrocarril. [Presentación editorial]