Por fin, os seus esforzos tiñan recompensa:
Mago Rosa conseguira facer
unha bolsa de coiro que tragaba todo.
Abondaba con dicir:
OEMOC!
(unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica)
Logo de moitos experimentos, este mago monocromático atopa unha fórmula para satisfacer a súa ilimitada avaricia e maldade gratuíta, que non tarda en aplicar ao Mago Amarelo, porque non lle caía nada ben, aínda que sen saber por que.
A partir de aí empeza a encher a súa bolsa á orde de Oemoc! (Cómeo!, ao revés). Con este obxecto máxico, acode ao mercado e á xastrería, arramplando con todo. Ata fai seu o palacio máis luxoso da rexión e ata o Banco, con banqueros, clientes, cartos e todo.
No entanto, o seu periplo de cobiza incontrolable vese interrompido cando se atopa cunha bondadosa e xenerosa maceira, que non dubida en enfrontarse a el e á súa bolsa de coiro para protexer a un indefenso paxariño:
—Non hai cousa que se me resiste! -gritou o mago, fóra de si.
Pero, a saber por que razón, a maxia non funcionaba con aquel paxaro.
Este conto demostra que non hai inimigo pequeno. Así, unha simple árbore e un ave diminuta son capaces de enervar a un mago e ata anular os seus poderes, no caso do pequeno paxaro. [Presentación editorial]