Zangba ten 15 anos. Vive en Bangui, na República Centroafricana.
Xa hai tempo que deixou a escola, e aínda máis que é orfo. Para el, o seu único osíxeno é o fútbol. Mesmo sen calzado, mesmo co estómago baleiro, no terreo de xogo, vibra.
Os espectadores tamén, polo moito que o seu talento supera o dos demais. Sería unha excelente nova fichaxe para a selección de xuvenís que ten que defender as cores do país. Pero como avantaxar os que teñen pais con moitos cartos e poder?. [Presentación editorial]