PREMIO NEW8ERY HONOR 2010
BANK STREET·JOSETTE FRANK AWARD 2010
"A evolución de Calpurnia Tate" conta a historia dunha nena de case 12 anos -a máis nova de sete irmãns- no seo dunha familia acomodada nunha pequena vila de Texas. Investigando nos libras da biblioteca e facendo ensaios nun pequeno laboratorio, achegarase á figura e aos descubrimentos revolucionarias de Charles Darwin.
Trátase dunha novela xuvenil, extensible ao interese dos lectores adultos, polo que se axusta ao concepto actual de crossover. Transcorre no ano 1899, unha época na que as nenas eran educadas para ser senoritas de boas maneiras
e desenvolverse unicamente no fogar: cociñar, coser e limpar a casa eran as principais obrigas das mulleres nunha sociedade na que, o máis ocioso que se lles reservaba era tocar o piano e comportarse con rigorosa corrección. A inconformista Calpurnia rebélase contra ese destino predeterminado para buscar a súa propia identidade e formarse segundo as súas inquedanzas
intelectuais e científicas: ir ao río, observar a natureza e recoller mostras que logo analizará coa axuda do seu avó librepensador, o único familiar que apoia a súa curiosidade polo mundo e que lle obsequia un exemplar de "A orixe das especies" e un caderno para que aprenda a aplicar o método científico ás súas observacións.
A obra tamén aborda cuestións do ámbito familiar, en especial a relación da protagonista cos irmáns: o amor e o desengano, as trasnadas xuvenís e os pequenos conflictos da vida cotiá. [Presentación editorial]