“Cartas desde a Terra” é unha das obras de Mark Twain publicadas moito despois da morte do autor, exactamente en 1962, máis de cincuenta anos despois do pasamento do escritor. O crítico e historiador Bernard de Voto editou os textos en 1939 e deulles forma de libro, pero a filla de Mark Twain, Clara Clemens, prohibiu durante varias décadas a publicación da obra, quizais por considerala demasiado crítica co cristianismo. [Presentación editorial]