Pouco a pouco, Martín saíu do seu agocho.
A catro patas, para que non o visen,
avanzou cara o cuarto de mamá e papá.
Quería contarlles a súa aventura de cabo a rabo!
A porta estaba estrañamente pechada.
Apegouse a ela para investigar e escoitou:
papá respiraba cansado,
como cando ía ao monte.
E mamá, tamén.
Vaia!
Saíulles una montaña na cama!
Esta incursión nocturna á habitación dos seus pais desemboca nun divertido relato, no que se aborda a sexualidade con moitísimo humor, naturalidade e a dose xusta de tenrura.
O tema do sexo non se debe evitar na infancia, xa que forma parte dunha educación sa e a exposición sen prexuízos das mostras de amor contribúe ao desenvolvemento afectivo. No entanto, o seu enfoque debe ser acorde coa idade e a capacidade cognitiva. Por iso, é conveniente que o adulto ofreza información proporcional á curiosidade do neno ou nena e nunca máis da solicitada. [Presentación editorial]