Marcovaldo ou as estacións na cidade contén 20 relatos –cinco por cada unha das catro estacións do ano– protagonizados por Marcovaldo: un obreiro sen cualificar, pai de familia numerosa, sinxelo e un pouco inxenuo que, motivado polos cambios atmosféricos e os signos de vida animal e vexetal que albisca na cidade, soña decote coa volta á Natureza para bater arreo cunha desilusión. Porque, existe aínda a Natureza? [Presentación editorial]