Man, o Alemán de Camelle é a historia ilustrada dun heroe respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba máis que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un museo único, ao aire libre, do que calquera visitante da vila mariñeira de Camelle pode gozar.
A publicación deste libro infantil coincide co décimo aniversario da morte de Man, o alemán que atopou o seu lugar no mundo nunha vila da costa da morte e que a editorial Galebook rescata para que os máis pequenos coñezan a historia de este eremita e a obra que deixou en Camelle. [Presentación editorial]