Este é o novo traballo da autora Xulia Marqués, Profesora de ensino secundario de Lingua e Literatura galegas que actualmente exerce como asesora técnica e responsable da coordinación central dos equipos de dinamización da lingua galega e da Secretaría de Eduga Revista Galega do Ensino na Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria.
Este novo título complementa a obra Enredando nos topónimos con Rodari, publicada en 2009. Trátase dunha proposta educativa deseñada para traballar a onomástica na educación primaria dun xeito creativo e lúdico, cunha estrutura regular: 13 fichas introducidas por un fragmento dunha obra de Gianni Rodari seguido das actividades para levar a cabo na aula, un espazo de lectura e un espazo de xogo.
O libro inclúe un CD de grande utilidade para o docente cunha sección especialmente dedicada aos apelidos galegos, ademais de novas e lecturas procedentes da prensa e da rede. [Presentación editorial]