Continúa a historia mítica de Conan o Bárbaro con catro das máis sonadas historias orixinais de Robert E. Howard.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias (A raíña da Costa Negra; A sombra deslizante; Nacerá unha bruxa; O diario de ferro) deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos co primeiro volume desta colección. [Presentación editorial]