Puntuación: 1.9/5 (124 votos)
A Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor comprácese en editar, neste novo volume das súas publicacións, tres propostas musicais para a escena, en parcería coa Asociación Galega de Compositores e coa colaboración da Radio Galega, do Conservatorio Profesional de Música da Coruña e, mol especialmente, dos intérpretes vocais e instrumentais que fixeron posíbel a excelente gravación que acompaña este libro.
Preséntanse aquí tres autores con diferentes e diversificadas maneiras de compoñer música escénica. En primeiro lugar, de Julio Montero, editase a obra para cuarteto de corda
Un mundo feliz, constituída por unha música simbólica,de ambientación e de recreación dun escenario en que os protagonistas desenvolven a liña argumental da coñecida novela de Aldous Huxley de que parte. En segundo lugar, Paulino Pereiro achega, nas súas tres composicións, tres maneiras diversas de entender a música teatral:
O café de espellos constrúese como música decorativa:
O paseo das esfinxes combina a aparición directa dunha canción durante a representación coa ambientación da declamación do texto a partir do desenvolvemento de variacións instrumentais do tema;
Música teatral prepara a aparición directa da canción, eixo do texto dramático, cunha nova variatio, previa á aparición do tema principal, que Irá, aos poucos, construíndo o tema completo. Finalmente, Juan Pérez Berna preséntanos, na súa versión de cámara, o
Villancico Extrafino (Retablo escénico en catro cadros) , con libreto de Miguel Hernández en adaptación para o galego de Pamela Rodríguez, en que se recrean diversas escenas do ciclo de Nadal cunha música minimalista (neo) modal e figurativa.
En fin, só nos resta desexar que estas tres propostas de música escénica poidan facilitar. Nalgunha medida, a traslación estética ou a trashumancia perceptiva –por tanto condicionada e repetida dos lugares porosos que relaciona:
in absentia, o do relevo dos textos dramáticos de que se parte e,
in praesentia, o da densidade dos revestimentos sonoros que se nos achegan.
[Lapela do volume]