Baltar neste ensaio reivindica a provincia como demarcación territorial necesaria, como plataforma para a articulación do territorio con criterios modernos, e o seu Goberno como instrumento de vertebración da provincia de Ourense, con especial atención á recuperación do mundo rural. Recolle aquí o seu pensamento sobre a realidade da Galicia galeguista dentro da España das Autonomías. Tamén fala da necesidade de reformas para dignificar e dar credibilidade á xestión política presente e futura, entre outros moitos temas. Neste libro Manuel Baltar amósase como un home fortemente vencellado á terra, á lingua e á cultura galega, pero coa mirada posta no futuro e no esforzo pola superación persoal e colectiva. [Presentación editorial]