Este volume recolle un milleiro de coplas populares conservados por Manuela de Barro. Nesta terceira edición, revisada e ampliada, preséntase nun formato máis atractivo, con ilustracións e fotografías.
Os que conviven con Manuela de Barro abráianse, e nós con eles, de que con 80 anos teime en erguerse a altas horas da noite, espelindo a vixilia, para preservar coa escrita os ditos, contos e cantares que lle veñen á cabeza. O seu sacrificado labor de transmisión da sabedoría popular é impagábel, mais coma boa galega é consciente de que este é o prezo que hai que aboar para quedar a pre cos devanceiros que forxaron, e dos que herdamos, o feito diferencial da galeguidade.