A personalidade poética de Bemardino Graña chega á súa madureza creativa, á súa expresión máis axeitada. En “Sen sombra e sen amor”, o autor traballa o texto poético tanto nos aspectos da expresión, cun ritmo moi coidado e unha reelaboración constante do legado da tradición literaria, coma no do contido. Asoma tamén aquí o poeta civil, desexoso de erguerse contra as desfeitas que o rodean.
Amor e desengano, xustiza e aldraxe son os pólos entre os que Bemardino Graña quere situar este espazo de encontro coa vida e coa xente -cos lectores- que é “Sen sombra e sen amor”. Unha voz acugulada de vitalidade, que recupera o pracer do son e da palabra. Xunto á resistencia ética, o labor do poeta como ourive e artesán que cultiva a experiencia para nos ofrecer un arrequentado e orixinal libro cheo de emocións, paixón e beleza.
[presentación editorial]