Premio García Barros 2012
Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. A través dunha precisa engrenaxe de reloxería, o inexorable paso do tempo acompañaranos nunha apaixonante busca que descenderá ata os segredos mellor gardados do universo humano.
En Hora zulú combínanse textos de orixe e tipo diversos a través dos cales os lectores inician unha busca, coma se se tratase dun xogo que o autor lle propón a quen le. Mediante esa orixinal estrutura, Santiago Lopo mantén a intriga e a tensión narrativa de principio a fin, nunha novela que rompe barreiras, animándonos a soñar e a visitar o outro lado da nosa conciencia. Invitándonos a encontrar a liberdade. [Presentación editorial]
ficha da publicación
» Título:
Hora Zulú
» Escritor/a: Santiago Lopo
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2012
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Literaria
» Pax: 232
» ISBN: 978-84-9865-461-5