Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión.
A que non sabías que hai unha mosca que se coa nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Pero iso si, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os amole...
Un dos libros máis divertidos e curiosos de todos cantos teñas vistos na vida. Porque, a ver, cantos libros coñeces que teñan como protagonista unha mosca televisiva?
María Solar escríbenos unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele dende os platós da televisión en Galicia á televisión do Caribe! A culpa de todo tívoa un señor calvo que puxo o sombreiro xusto cando a mosca estaba a lle zugar a suor da cabeciña. Na súa viaxe, a mosca da tele coñecerá outros moitos insectos cos que compartirá aventuras e alimentos.
Unha viaxe zoolóxica e zooilóxica do máis divertida. Acompaña a esta mosca catódica no seu periplo de éxito mundial!!! [Presentación editorial]