Puntuación: 2.0/5 (57 votos)
V PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO
Un día, as aves pousaron a súa mirada máis alá das ramas e das follas e imaxinaron unha vida distinta.
Así comezou unha nova era. Explicáronlles ás súas crías o porqué e o como de todo o que as rodeaba...
“Bandada” foi a obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado entre os 256 traballos que optaron ao certame, procedentes de 19 países. O relato, a base de frases breves e sutís, propón unha profunda reflexión sobre a historia da humanidade: o desenvolvemento dunha sociedade que inicialmente busca o coñecemento, o progreso técnico e científico, o benestar e un bo porvir, pero que nese tránsito perverte os seus principios, xera violencia e dominación dos fortes sobre os débiles.
Dende o punto de vista estético, “Bandada” destaca polo simbolismo das ilustracións, protagonizadas por toda clase de paxaros humanizados,representados cun extraordinario
detallismo, en branco e negro. O xurado -coa editora e investigadora Felicidad Orquín e mais o ilustrador Xan López Domínguez, entre outros-destacou o “virtuosismo” da técnica artística para conseguir imaxes dunha “extraordinaria calidade e forza expresiva”.
[Presentación editorial]