En palabras da propia autora: "Un acontecemento terrible tivo lugar durante a infancia da bisavoa e as consecuencias esténdense ao longo de xeracións. É un libro sobre o impacto dos acontecementos políticos e familiares, sobre a forma en que se transmiten as lembranzas, sobre como a Historia inflúe nas historias particulares". Marcas de nacemento obtivo o premio Femina 2006, ademais de acadar un enorme éxito en Francia, con medio millón de exemplares vendidos. A través dos relatos de catro nenos, ordenados dende o presente cara ao pasado, o lector accede aos recordos persoais que tecen a historia familiar ata culminar co descubrimento dun segredo que determinou a vida de todos eles. Unha marca de nacemento é o sinal que une as catro xeracións. [Contracapa do libro]